Pra o poeta amigo Carballo Calero
"Cánto terror levamos os homes".*
Só estás, nista cidade**
coa que non tes soñado endexamáis.
Relembras os teus sinos,
cuios sons
fuxiron xa dos teus ouvidos.
Paseias lentamente
e con ninguén podes
trocar o teu sorriso.
Ollas pra ise edificio
sen nais nas fiestras.
Tes medo ós arrabás.
Ti sabes que alí as bandeiras
están abatidas i esfarrapadas.
Coñeces que esiste
unha hora solitaria
coroada por un silenzo de morte.
Ti Sabes que todos os días
hai un home morto
que ninguén coñece aínda,
en cuia ollada derradeira
ficou
unha praza valeira
descoñecida pra il.
(Sombra do Aire na herba, Editorial Galaxia, 1958)
.
Versos do poema Cunetas de Luis Pimentel
_____________
*Luís Pimentel ou Luís Benigno Vázquez Fernández (Lugo, 1895 — 1958) foi um poeta ligado à chamada Geração de 27.
Sem comentários:
Enviar um comentário